As grandes potencias europeas

Tras as unificacións de Italia e Alemaña Europa sufrirá profundos cambios. 

Reino Unido

Entre os anos 1837 e 191 gobernou Victoria I. A Inglaterra victoriana ostentou a indiscutible hexemonia económicae nivel mundial e expandiu o seu enorme imperio por ultramar.

No interior a política británica baseouse na alternancia entre o partido conservador e o partido liberal.

Francia

Tras a caída de Napoleón III proclamouse a Terceira República. A aprobación da Constitución de 1875 deu paso a una época de prosperidade económica e estabilidade social e cultural.

Ampliáronse os deireitos civís e legalizouse o movemento obreiro.

Imperio Alemán

Despois da unuficación, Alemaña transformouse nunha gran potencia. O imperio organizouse arredor de Prusia e de Guillerme I. O chanceler Bismark converteurse no árbitro das relación internacionais europeas entre 1870 e 1890.

Alemaña organizouse como un sistema parlamentario bicameral.

Grandes imperios

Ademais das potencias occidentais persistía no centro e mais no leste de Europa o imperio austrohúngaro e ruso e o otomán, que se atopaban nun claro estado de decadencia. 

Os seus principais problemas viñan das diferentes nacionalidades que os compoñían e que reclamaban agora a súa independencia. 



ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO