O camiño cara á guerra

Reino Unido: Despois de levar séculos dominando os océanos, receaba do crecemeto da frota Alemá

Alemaña: Temía o fortalecemento de Rusia e aspiraba a construír un imperio en África e no Pacífico, en zonas reclamadas polos británicos e polos franceses.

Francia: Quería defender o seu imperio colonial e soñaba con recuperar os territorios que perdera en 1871.

Austria-Hungría e Rusia: Competían pola hexemonía nos Balcáns onde disputaban territorios que pertenceran ao Imperio Otomán. 

Italia e Xapón : Consideraban que os trataran inxustamente na repartición colonial e pretendían expandirse.

As apetencias imperialistas das potencias eran incompatibles entre elas e conducían de maneira segura cara una guerra. O que verteu ese conflicto esperado nunha gran guerra foi a formación de dúas grandes potencias:

  • Tripla Alianza : Formada polos Imperios centrais ( Alemaña e Austria-Hungría ) e Italia que revertería as súas alianzas en 1915.
  • Tripla Entente: Os acordos entre Francia e Rusia contaban co apoio reticente de Reino Unido. Estas tres potencias tiñan en común, á parte do seu temor ás ambicións alemás.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO