Revolución Rusa

Ao iniciarse a guerra, o Imperio Ruso mobilizou millóns de soldados pero o abastecemento era pésimo. A baixa moral das tropas, sen equipamento e mal dirixidas, facía temer un colapso da fronte.

A dedicación da industria a fabricar armamento empeorou aínda máis o nivel da poboación.

O tsar, moi impopular, negouse a emprender reformas inaprazables ata quedar sen apoios.

En febreiro de 1917 (marzo en Occidente, xa que en Rusia rexía o calendario xuliano), unha manifestación de obreiras contra a carestía iniciou un levantamento na capital, Petrogrado.

A monarquía derrubouse sen apenas resistencia e deu paso a un dobre poder :

  • Un goberno provisional, sucesor da Duma, que asumiu o poder en espera da convocatoria dunha Asemblea contituínte. Prometeulles aos aliados que Rusia continuaría a guerra.
  • Un consello ou soviet de obreiros e soldados, partidario da paz e dunha profunda transformación social. Axiña, o movemento de creación de soviets estendeuse e por todo o país.


ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO