A Gran Guerra e as transformacións económicas

A Gran Guerra foi a primeira guerra total, pois afectou a toda a nación e non só aos soldados. Cambiou a forma de concibir o papel do Estado na economía. 

O liberalismo clásico deixaba nas mans do mercado a regulación económica, pero durante a contenda as autoridades dos distintos países tiveron que racionar o consumo, planificar a producción or mobilizar man de obra.

A guerra supuxo a bancarrota de todos os belixerantes. Os vencedores contraeron una enorme débeda (sobre todo, cos Estados Unidos), que esperaban pagar coas reparacións que lles esixiran aos vencidos. Pero os países derrotados non podían facer fronte aos pagamentos.

A consecuencia foi a hiperinflación, que durante 1922 e 1923 destruíu o tecido socioeconómico de Alemaña e dos seus antigoss aliados. Como consecuencia, os aforradores quedaron na ruína, mentres os debedores saíron beneficiado, pois as débedas perderon o seu valor. 

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO