A república de Weimar

A máis representativa das democracias de posguerra foi Alemaña durante a República de Weimar, que toma o nome da cidade onde se reuniu a súa Asemblea contituínte. Os levantamentos comunistas iniciais foron reprimidos con dureza, pero a maior ameaza proviña dos nostálxicos do Imperio, apoiados polo Exército. Esta extrema dereita propagou a lenda da puñalada das costas, aducindo que a derrota non se debía aos erros militares alemán, senón a traición de socialistas e xudeus.

En 1923, un axitador austríaco, Adolf Hitler, fracasou ao intentar dar un golpe de Estado. En prisión escribiu Mein Kampf, un libro cheo de odio cara o Tratado de Versalles, a democracia, o comunismo e os xudeos.

Unha vez superada a hiperinflación, a situación mellorou grazas ao Plan Dawes, que suavizou o pagamento de reparacións. De 1924 a 1929, Alemaña viviu os mellores anos, con crecemento económico e estabilidade política. Pero a crise do 29 disparou o paro electorado polarizouse nos extremos, o que beneficiou a comunistas e nacionalsocialistas.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO