Fascismo Italiano

O primeiro réxime fascista instaurouse en Italia en 1922. Ainda que o pais participara na guerra do lado dos vencedores, os nacionalistas estaban descontentos coas compensacións territoriais. O fascismo empuñou a bandeira da frustración colonial e do irredentismo é dicir, a reclamación de territorios fronteirizos que consideraba seus, como Trieste.

Os fascistas servíronse da inquietude que espertaban as folgas e ocupacións de terras, e aproveitáronse do temor das clases acomodadas á Revolución Rusa. Para atacar o movemento obreiro, Benito Mussolini creou unha organización paramilitar que se transformaría no Partido Fascista En 1922. tras unha violenta campaña de axitación, e a pesar do seu fracaso electoral, Mussolini organizou unha demostración de forza: a Marcha sobre Roma.

O Goberno dimitiu e o rei recorreu a Mussolini, que instaurou unha ditadura mediante a manipulación electoral e a eliminación da oposición. O réxime adquiriu trazos totalitarios :

  • Mussolini proclamouse Duce, ou caudillo supremo. Porén, manti- VO a monarquía, e emprendeu unha política de entendemento coa Igrexa católica que culminou cos Pactos de Letrán (1929).
  • Adoptouse unha política exterior agresiva, destinada á conquista dun imperio en África e no Mediterráneo.
  • Fundáronse sindicatos corporativos, e fomentáronse a agricultu- ra e o desenvolvemento industrial autárquico.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO