Felices anos vinte

Ata os anos vinte, moitos dos avances da Segunda Revolución Indus- trial quedaran limitados ás clases acomodadas; agora, estas innovacións estendíanse ao resto da sociedade.

Unha das razón deste fenómeno foi a racionalización da produción, que abaratou os custos. O traballo organizouse para ser máis eficiente, grazas aos métodos do taylorismo. Ademais, a produción estandarizouse e masificouse.

A subida do nivel de vida traducíase en novos hábitos de consumo entre as clases populares. Grazas ao crédito e á venda a prazos, os luxos de antes quedaban agora ao alcance de moitos. As empresas utilizaron a publicidade, aplicando en parte os métodos de propa- ganda ensaiados durante a guerra. A moda era outro método de fomentar o consumo.

Antes da guerra, a electricidade tivera sobre todo un uso industrial; agora ampliábase a rede de distribución. Nas grandes cida- des a iluminación eléctrica substituíu os farois de gas. Nos fogares, a electricidade popularizouo uso dos electrodomésticos; como se consideraba que dos novos aparatos liberou a moitas amas da casa dunha parte do seu traballo e reduciu o número de mulleres traballadoras dedicadas ao servizo doméstico.

Tarefas casa eran propias da muller, a chegada As dificultades de abastecemento durante a guerra obrigaran á fabri- cación de substitutos. Ao acabar as hostilidades, moitas materias primas naturais, como o coiro, o caucho ou a madeira, foron substi- tuídas por materiais sintéticos, máis baratos e lixeiros, como o plástico ou tecidos como a viscosa.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO