Fundación da URSS

En 1922, o Soviet Supremo aprobou a fundación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). Un ano antes, ante a rebelión dos labregos contra as requisas das súas colleitas e as protestas da poboación ante o descenso do nivel de vida, o Goberno, dirixido por Lenin, abandonara o comunismo de guerra.

No seu lugar púxose en práctica a NEP (Nova Política Económica), que admitía un mercado reducido e toleraba negocios privados a pequena escala. As condicións de vida da poboación melloraron considerablemente grazas ao aumento dos excedentes agrícolas.

En 1919 fundárase a Terceira Internacional, ou Komintern, para estender a revolución a todo o mundo. Os partidos que se adheriron tomaron o nome de comunistas.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO