O crac de 1929

0 crac de 1929 Nada xustificaba esa subida espectacular da bolsa: as empresas non viran aumentados os seus beneficios nin tiñan previsións de crecemento.

Cando algúns investidores se deron de conta da fraxilidade da burbulla, comezaron a vender para recuperar canto anteso seu capital. As vendas fixeron baixar as accións. Como moitos especuladores só querian ganancias rápidas e fáciles, os descensos impulsáronos a vender. Entón, o valor das accións afundiuse.

O 28 de outubro de 1929, coñecido como o Xoves Negro, desatouse o pánico na bolsa de Nova York. Nunhas horas perdéronse millóns de dólares O luns eo martes seguintes continuaron as caídas, o que arrastrou a miles de persoas á ruina.

Pero iso non era o peor: as empresas quebraban e centos de miles de traballadores atopábanse na rua da noite á mañá. E nuns poucos meses, os afectados eran millóns: o soño da prosperidade sen limites acabara nun pesadelo

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO