Os Estados Unidos nos anos vinte

Tras a guerra, nos Estados Unidos triunfou o illacionismo. Afastado de asuntos europeos, o país reafirmou a súa hexemonía sobre o que consideraba a súa esfera de influencia: a América Latina e o Pacífico, pero aquí chocaba coas ambicións do Xapón, cuxa frota facía sombra á estadounidense.

No interior do país predeminaba un forte conservadurismo, que se viu reflectido na represión do movemento obreiro, na limitación da inmigración e na promulgación da lei seca, que favorecía os negocios da mafia.

Estes foron tamén os anos de auxe do Ku Klux Klan, una organización violentamente racista, xenófoba e anticatólica, que representou o reverso tenebroso dos felices anos vinte.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO