A política de apazugamento

As democracias occidentais aceptaron as accións de Hitler para tratar de impedir a guerra.

En Austria. Hitler invadiu o seu país natal en marzo do ano 1938 Fsta anexión (ou Anschluss) de Austria ao Terceiro Reich contraviña a paz de Paris, pero as democracias occidentais non se atreveron a impedilo. Co asentimento dunha boa parte da poboación adoptaron unha politica de apazugamento que tiña o seu precedente na pasividade fronte á intervención italo-alemá en España.

En Checoslovaquia. Un mes máis tarde agudizáronse os conflitos nacionalistas na rexión dos Sudetes. Esta poboación pertencía a Checoslovaquia, pero a maior parte da poboación falaba alemán. Hitler, animado polos signos de debilidade de Francia e Gran Bretaña, ofreceuse a defender a minoría alemá.

En setembro de 1938 celebrouse a Conferencia de Múnic, auspiciada por Mussolini, que se presentaba como árbitro. Reino Unido e Francia abandonaron a súa aliada, Checoslovaquia, que Hitler non tardou en invadir, incumprindo as súas promesas.

En España. A política de apazugamento está vinculada cos acontecementos da guerra civil española. A claudicación das democracias en Múnic fixo perder as esperanzas aos republicanos españois, que lanzaran a ofensiva do Ebro confiando en que o estalido dunha guerra Europea uniría a sorte da República á de Francia e Reino Unido.

A cidade báltica de Memel. En marzo de 1939, Hitler ocupaba esta cidade, pese a estar baixo a protección da Sociedade de Nacións. Un mes despois, Mussolini invadía Albania.

Cando Hitler reclamou o corredor de Danzig, Reino Unido e Francia Comprenderon que o apazugamento fracasara, e aseguraron o seu apoio a Polonia en caso de guerra. 

En agosto de 1939, unha noticia inesperada revelou ao mundo que a guera era inevitable: Hitler e Stalin concertaran un pacto de non agresión. O Terceiro Reich lograra a neutralidade rusa en vesperas dun conflito na súa fronteira occidental. 

O1 de setembro, Alemaña invade Polonia. Francia e Reino Unido de declaran a guerra ao Terceiro Reich. Iniciase a Segunda Guerra Mundial.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO