As ideas de Keynes

As ideas de Keynes John Maynard Keynes, o economista máis influinte do século XX, foi o primeiro que lle encontrou solucións á crise económica, ainda que estas non se poñerían en práctica sistematicamente ata despois do ano 1945.

Keynes fora membro da delegación británica que participara nas negociacións de París de 1919, e ali comprendeu que a esixencia dunhas reparacións esaxeradas aos vencidos só prexudicarían ao conxunto de Europa.

No seu libro As consecuencias económicas da paz advertía de que todas as economías estaban interrelacionadas, e que o empobrecemento dos vencidos afectaría tamén aos vencedores. As súas ideas foron confirmadas polos feitos. A lección serviría aos vencedores de 1945 para evitar o mesmo erro.

Keynes argumentaba que o Estado debía intervir para corrixir desequilibrios e estimular a actividade económica: por exemplo, investindo en obras públicas, que darfan traballo ás empresas, que a súa vez empregarían obreiros. Así, grazas ao gasto público, o mercado crecería.

Fronte ao liberalismo clásico, que condenaba o obreiro a recibir o salario máis baixo e acusaba á beneficencia de causar unha infla- ción, Keynes propoñía axudar con subsidios aos parados. Lonxe de prexudicar o mercado, esta inxección de diñeiro estimulariao, xa que os traballadores eran ao tempo consumidores que adquirían bens e servizos, Unha inflación moderada era preferible á deflación e ao estancamento.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO