
O rápido ascenso do nazismo explicase polas seguintes causas:
As etapas do acceso ao poder por parte do Partido Nacionalsocialis- ta foron as seguintes:
Anos vinte. Non hai unha presenza importante do Partido Nazi. Tratabase dun pequeno grupo de ultradereita. En 1923, a intento- na golpista de Adolf Hitler (o Putsch de Múnic) fracasou.
Anos trinta. 0 impacto da Gran Depresión beneficiou os partidos extremistas. Nas eleccións de 1930, os nazis multiplicaron por nove a súa representación parlamentaria. O Exército e o gran capi tal viron no Partido Nazi a barreira máis eficaz contra o comunis- mo. Nas eleccións de 1932 alcanzou o seu teito electoral, aínda que sen chegar a conseguir a maioria absoluta. Pero o presidente Hindenburg nomeou chanceler a Hitler en 1933.
Pouco despois, suspendeuse a Constitución de Weimar e os demais partidos foron prohibidos. Iniciábase o Terceiro Reich.
0 factor distintivo do nazismo foi o seu extremo racismo, que se manifestaba a través dun intenso antisemitismo. As leis raciais, co- necidas como leis de Nuremberg (1935), definían os dereitos do individuo en función do grao de pureza racial. Os xudeus perderon a condición de cidadáns no seu propio país. A raza aria, representada olos alemáns non xudeus, arrogäbase o dereito de someter a todas as demais.
En 1938, na Noite dos Cristais Rotos, a violencia verbal transfor- mouse en fisica.os nazis organizaron un pogrom, ou ataque aos xu- us, en todo o Reich. Comercios e domicilios desta minoría social foron asaltados, e arderon sinagogas e escolas. Houbo un centenar de asasinatos e miles de deportacións a campos de concentración.