O stalinismo

O triunfo de Stalin sobre todos os seus rivais dentro do partido deu comezo a un periodo durante o cal os trazos totalitarios do sistema soviético, que xa estaban presentes na época de Lenin, se acentuaron enormemente: 

  • Culto á personalidade do líder. A efixie de Stalin converteuse en omnipresente, e rendiaselle unha adoración case relixiosa
  • Policía política. Estendeu moitísimo a súa rede de terror, espionaxe e delación. cabo a través dun sistema de campos de 
  • Represión. Levouse traballos forzados, denominado agora gulag, que foi crecendo ata alcanzar vastas dimensións en canto á sua extensión xeográfica e ao número de persoas que foron deportadas a estas instalacións ou asasinadas 
  • A Gran Purga. Entre 1936 e 1938, Stalin desfíxose da vella garda do partido tras unha serie de xuízos con acusacións inverosímiles e confesións forzadas. 
  • Manipulación da historia. Por exemplo, retocáronse fotografías para facer desaparecer os personaxes purgados.

En 1928, Stalin decretou a fin da Nova Política Económica (NEP) e a Sua substitución por plans quinquenais, que tiñan como obxectivo a industrialización acelerada, sen importar as consecuencias sobre a poboación.

As primeiras vítimas desta política foron os labregos. A colectivización forzada de tres quintas partes das explotacións agrícolas pro duciu unha fame de proporcións arrepiantes. Culpouse desta aos kulaks, ou campesiños acomodados, que foron exterminados sistematicamente.

Non obstante, os logros económicos foron innegables. Mentres países capitalistas se afundían na Gran Depresión, a Unión Soviéti ca crecia a un ritmo superior ao dez por cento anual, e convertíase nunha gran potencia industrial.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO