A guerra relampo

Francia e Reino Unido non atacaran Alemaña ao comezar a guerra. Unha vez esmagada Polonia, a guerra entrou nunha fase de estancamento, que revelou a escasa vontade de loitar dos aliados, que eran partidarios dunha postura meramente defensiva. En Francia, esta etapa chamouse a "guerra de broma", por comparación coa dureza dos primeiros meses da Primeira Guerra Mundial. 

Dominados os territorios do leste, Hitler iniciou na primavera de 1940 a "guerra relampo" (Blitzkrieg), que consistiu nunha serie de ataques rápidos aproveitando o factor sorpresa, a mobilidade das súas unida- des e o apoio da aviación. Empezou invadindo países neutrais, como Dinamarca, Noruega, os Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO