O bombardeo de Pearl Harbor

Desde o estalido da guerra en Europa, os Estados Unidos preocupábanse cada vez máis pola política agresiva do Xapón, o que os levou a decretar un embargo de certas exportacións claves, que in cluían o petróleo, un recurso vital para a economía xaponesa.

0 embargo americano fixo que Toquio considerase unha estratexia de guerra total, que pasaría por desarmar o inimigo e avanzar rapidamente ata acceder aos xacementos de petróleo máis importantes da rexión, nas colonias holandesas de Indonesia.

En decembro de 1941, sen previa declaración de guerra, a aviación xaponesa atacou a base estadounidense de Pearl Harbor, nas illas Hawai, co que deixou fora de xogo a armada norteamericana.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO