Xenocidios: O holocausto

A palabra xenocidio designa o asasinato masivo co gallo de exterminar un grupo humano por razóns étnicas, relixiosas, políticas, etc. Orixinariamente cuñouse para describir as matanzas perpetradas polos nazis.

Os nazis empezaron as súas prácticas xenocidas antes da guerra, coa eliminación de enfermos conxénitos, psiquiátricos e diminuídos psíquicos. Para iso utilizábase o monóxido de carbono xerado polos tubos de escape. As protestas da opinión pública conseguiron deter as matanzas.

A diferenza dos crimes nazis respecto a outros anteriores, como o xenocidio armenio durante a Primeira Guerra Mundial, estribaba no emprego de todos os medios cientificos, técnicos e organizativos disponibles para perpe os asasinatos.

A política xenocida intensisificouse ao comezar a guerra, sobre todo Polonia e nos territorios ocupados da Unión Soviética. Deixouse morrer de fame a millóns de prisioneiros soviéticos. Desexosos de converter os eslavos nun pobo de escravos, acometeu o asasinato dos intelectuais polacos.

Pero o paso decisivo deuse a principios de 1942, tras a Conferencia de Wannsee, que conduciu á construción dunha rede de campos de exterminio nos territorios do leste, co fin prioritario de acabar co problema xudeu no que os nazis chamaron a "solución final". Este xenocidio levado a cabo polos nazis é coñecido hoxe como Holocausto ou shoah, a palabra hebrea equivalente.

Asasinábase as vítimas en cámaras de gas e a continuación incinerábanse os restos. Incluso se intentou o aproveitamento económico dalgunhas partes dos cadáveres, como o pelo ou a pel, ao mesmo tempo que se saqueaban as súas pertenzas e se lles arrincaban os dentes de ouro.

Nas cámaras de gas eliminouse a millóns de xudeus, eslavos e membros doutros grupos étnicos, relixiosos ou sociais, como xitanos testemunas de Xehová, homosexuais, sindicalistas, enfermos conxénitos ou psíquicos.

Tamen o Xapón levou a cabo unha política xenocida en Extremo Oriente, en especial contra coreanos, chineses, filipinos e indonesios. Entre as prácticas documentadas estaban os experimentos médicos con prisioneiros de guerra, a utilización de persoas para ensaio de armas biolóxicas e a escravitude sexual de centos de miles de mulleres.

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO